Ash Can School
Ash Can School
Nome científico:
[Escola do colector do lixo]
Movemento pictórico do comezo do s XX, principiado en Nova York, que buscaba os elementos de inspiración nos ambientes populares. A denominación veulles dada porque nalgúns cuadros aparecían cubos do lixo. Formalmente eran realistas ou expresionistas, algúns deles estudiaron ou viviron en Europa. O acto máis importante levado a termo foi a exposición de 1908 na Macbeth Gallery de Nova York, coñecida co nome de exposición dos oito (The Eight) e que foi un motivo de escándalo nos ambientes conservadores da National Academy. Os oito pintores eran: William Glackens, Robert Henri, Ernest Lawson, George Lucks, Everett Shinn e John Sloan, realistas, e Arthur B. Davis e Maurice Prendergast, expresionistas.