Ashanti
Ashanti
ou Axanti Rexión de Gana (24.389 km2); 2.308.100 h [estim 1992]). A Ashanti histórica era unha rexión caracterizada por unha sucesión de outeiros, rodeada en parte polo Volta e os seus afluentes, con bosque virxe cara ao sur. Os seus habitantes son os axantis. Kumasi é a capital da Ashanti antiga e moderna.