asilo
(< lat asylu ‘lugar inviolable’ < gr ἄσιλον‘inviolable’)
-
s
m
Establecemento social onde se aloxa a xente desvalida.
Ex: Onte chegaron ó asilo dous vellos que xa non se valían sós.
-
s
m
Acción de recoller a alguén nun lugar.
Ex: Os seus pais déronme asilo na súa casa.
Sinónimos: refuxio. -
s
m
Lugar onde se ofrece protección e refuxio.
Ex: Busquei asilo na casa dos meus avós para superar a enfermidade.
Sinónimos: abrigo, amparo, apoio, amparo. -
asilo de infantes
[DER]
Establecemento benéfico destinado a acoller con trato familiar os nenos abandonados. Luísa Schappler dos Vosges fundou coa axuda do pastor Johann Oberlin (1770) en Alsacia os primeiros asilos benéficos para os nenos orfos.
Sinónimos: hospicio, orfanato. -
asilo diplomático
[DER]
Protección concedida aos refuxiados políticos nos edificios das misións diplomáticas, consulados, barcos de guerra ou avións militares.
-
asilo político/territorial
[DER]
Protección que un estado dá aos estranxeiros que foxen dun país por mor de persecucións políticas, raciais ou relixiosas.
-
asilo relixioso
[DER]
Inmunidade recoñecida ao delincuente ou ao perseguido que toma por refuxio protector un lugar sagrado (templo, altar, territorio ou cidade).
-
dereito de asilo
[DER]
Protección que un estado ofrece a persoas que non son súbditos seus, que teñen a súa vida ou a súa liberdade en perigo pola actuación das autoridades doutro estado. Despois da Segunda Guerra Mundial xurdiu un amplo movemento que pretendía a afirmación do dereito de asilo como dereito fundamental da persoa humana, o que deu lugar a toda unha serie de convencións e acordos como a Convención de Xenebra do 28 de xullo de 1951, o estatuto da ORI (Organización Internacional dos Refuxiados), as dúas convencións de Caracas entre estados americanos en marzo de 1954, e toda unha serie de actos internacionais relacionados co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados.