asintótico -ca
asintótico -ca
(< asíntota)
-
adx
[MAT]
Relativo ou pertencente a unha asíntota.
-
adx
[MAT]
Dise daquela liña, figura, etc, que se aproxima infinitamente a outra sen chegar a coincidir nunca.
-
liña asintótica
[MAT]
Liña trazada sobre unha superficie de tal xeito que o plano osculador á liña en cada punto é tanxente á superficie.
-
plano asintótico
[MAT]
Plano tanxente a unha superficie no seu punto impropio.
-
punto asintótico
[MAT]
Punto singular ao que tende unha curva dada sen chegar a tocalo.
-
ramas asintóticas
[MAT]
Ramas de curva que teñen unha mesma asíntota.