Asiria

Asiria

Antigo país do Oriente Medio situado ao norte de Mesopotamia (actual Iraq). A Prehistoria (4300-2800 a C) aparece representada nas fases, comúns a toda Mesopotamia, de O-Obeid (4300-3500 a C) nos xacementos de Palatino; Ḥ assūna e Arpačiyah, de Uruk (3500-3100 a C), Uruk IV e Palatino; Ǧ amdat Na Palatino;mso-fareast- ES-TRAD;mso-fareast-language:ṣ r (3100-2800 a C) coas estacións de Tepe Gawra, Nínive (actual Koyuncik) e Palatino; Ǧ abal Sinjar. A súa entrada na historia comezou arredor do 2370 a C, mercé á dinastía de Acad (2371-2191), que se impuxo en toda Mesopotamia, influíndo moito en Asiria, especialmente no terreo ideolóxico: o concepto acadio de imperio universal, concretado no título sar kibrat erbettim (rei das catro rexións do mundo) foi asumido polos asirios. Despois dunha larga fase (ss XXII e XXI a C) con escaseza de fontes, seguiu outra (ss XX e XIX a C) dominada pola dinastía de Puzur-Asur (?1975-1814 a C), integrada por nove gobernantes. Os máis importantes foron Puzur-Ašur (?1975 a C), o fundador Erišum I (?1906-1867 a C)- quen favoreceu a penetración dos mercaderes asirios en Asia Menor, onde crearon unha serie de karum, centros comerciais, como o de Kaneš (actual Kültupe)- e Sargón I (1860? a C) quen levou a dinastía ao seu máximo esplendor. A dinastía de Šamši-Adad I (1813-1740) converteu por primeira vez a Asiria nunha das potencias do Oriente Próximo e Medio; foi obra persoal de Šamši-Adad I (1813-1740 a C). As súas conquistas e a adopción do título de Rei, precisada na forma šar kiššati (rei da totalidade), empregada xa por Sargón de Acad, son sinais evidentes da súa ideoloxía expansionista. O seu sucesor Išme-Dagan I (1781-1741 a C) non puido evitar a división das súas posesións. A dinastía rematou con Amb Mut-Aškur (1740 a C). Comezaba entón un longuísimo período (dende mediados do s XVIII a mediados do XIV) no que o país tivo un papel moi gris no Oriente Próximo e Medio. Durante o s XVI os casitas de Babilonia exerceron certa soberanía sobre Asiria, o Reino hurrita de Mitanni converteuse nunha potencia e Exipto iniciou a súa expansión por Siria e Palestina coa dinastía XVIII. No s XIV a C engadíronse os hititas, a nova potencia do Oriente Próximo e Medio. A situación comezou a mellorar dende a primeira metade do s XIV, por causa do afundimento de Mitanni ante Šuopiluliumaš I e pola presenza de tres soberanos enérxicos no trono asirio: Ašur-uballit I (1365-1330 a C) que someteu Hanigalbat (o que restaba do Reino de Mitanni) e interveu nas loitas dinásticas de Babilonia; Enlil-nirari (1329-1320 a C) e Arikdenili (1319-1308 a C). Esta recuperación favoreceu a fase seguinte (1307-1208), unha das máis brillantes da historia asiria: o país transformouse nunha potencia do Oriente Medio grazas tanto á favorable situación internacional (debilidade do Exipto da XIX dinastía e, sobre todo, de Hatti) como á valía doutros tres reis: Adad-nirari I (1307-1275 a C), Salmanassar (1274-1245 a C) e Tukulti-Ninurta I (1244-1208 a C), que conquistaron a Alta Mesopotamia e controlaron as rutas comerciais de Siria e Anatolia. A raíz do asasinato de Tukulti-ninurta I o país, gobernado por sete soberanos, iniciou unha nova decadencia (1207-1134 a C). A seguinte foi unha fase de brillantez (1133-1077 a C) non tanto polo reinado de Ašur-reša-iši I (1133-1116 a C) como polo do seu fillo Teglatfalassar I (1115-1077 a C). Gracias a eles, os asirios recuperaron a Alta Mesopotamia, penetraron en Asiria, debilitaron aínda máis Babilonia e mantiveron a raia os pobos situados ao leste. Nun novo declive de cento cincuenta anos (1076-935 a C), o país foi gobernado por doce soberanos, entre eles destacou Ašur-bel-kala (1074-1057 a C) que combateu con éxito os arameos e chegou ata o Mediterráneo. Logo deste período Asiria acadou novamente preeminencia, (dende finais do s X a finais do IX). A recuperación comezou no reinado de Ašur-dan II (934-910 a C), se ben foron Adad-nirari II (909-889 a C), Tukulti-ninurta II (888-884 a C) e, sobre todo, Assurnasirpal II (883-859 a C), Salmanassar III (858-824 a C) e Šanši-Adad V (823-810 a C) os seus autores principais: loitaron en Urartu e nos países Nairi ao norte e nos estados arameos e neohititas de Siria, ao oeste, e someteu Babilonia. No s VIII alternaron os períodos de decadencia e apoxeo. Comezou ben con Adad-nirari III (809-782 a C) pero empeorou rapidamente con Salmanassar IV (781-772 a C), Ašur-dan III (771-754 a C) e Ašur-nirari V (754-745 a C), a causa de Urartu, que intentaba expansionarse. A situación recuperouse con Teglatfalassar III (745-727 a C), un dos soberanos máis combativos. Co destronamento do seu fillo Salmanassar IV (727-754 a C) comezou a dinastía Sargónida (721-610 a C), a máis famosa por ter creado un auténtico imperio no s VIII a C que abranguía dende o altiplano iraniano ata o Mediterráneo e dende Anatolia ata o Exipto, incluído. Fundada por Sargón II (721-705 a C) abrangue Sennaquerib (704-682 a C), Assarhaddon (680-669 a C), Asurbanipal (668-629 a C), Sin-šar-iškun ou Aš "Times New ǔ r-etil-ilani (628-629 a C) e Ašur-uballit II (611-610 a C). A finais do s VII a C, coa derrota a mans do arameo Nabopolassar e do meda Ciaxares, Asiria perde o seu poder desaparecendo como estado.