asirio -ria

asirio -ria

(< topónimo Asiria)

  1. adx

      Relativo ou pertencente a Asiria ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Asiria.

  3. s [ETN/LING]

    Individuo dun pobo que fala unha variante oriental do neoarameo. Os asirios atópanse localizados ao comezo do s XIX enriba da fronteira entre Iraq e Irán. Sobre os anos 1827-1828 unha parte da poboación emigrou a Armenia. Dende 1918 houbo unha forte corrente emigratoria cara á URSS.

  4. s m [FILOL/LING]

    Dialecto do acadio, lingua semítica, falado en Asiria.

  5. arte asiria

    Arte mesopotámica.

Palabras veciñas

asir | Asiria | asiriano -na | asirio -ria | asirio-babilónico -ca | asirioloxía | Asís