atallo

atallo

(

  1. s m

    Camiño máis curto entre un lugar de partida e outro de chegada.

    Ex: Como chegabamos con atraso, collemos un atallo para acurtar o camiño.

    Confrontacións: desviación, desvío.
  2. s m

    Método para adiantar ou para facer máis breve algunha cousa.

  3. s m [CONSTR/ENX]

    Obstrución provisional introducida nun curso de auga cando se quere construír algunha obra, como un dique ou unha presa. O atallo pode ser empregado para obstruír totalmente a corrente, dispoñendo nese caso dunha canle ou galería para a derivación da auga e outro atallo abaixo para impedirlle o retroceso, ou para construír recintos onde poder traballar ao abeiro da corrente ou en seco, e neste caso non se elimina a auga con bombas de extracción.

  4. s m [ENX]

    Elemento de obturación provisional empregado nos fondos hidráulicos co fin de impedir o paso da auga por un conduto no que se instala unha máquina, unha comporta ou unha válvula que se quere revisar ou reparar. O atallo é xeralmente metálico e consta dunha parte móbil, chamada taboleiro, e dunhas guías fixas ancoradas nas paredes do conduto, contra as que a forza da auga presiona o taboleiro cando o atallo é pechado e que serven para guialo cando se fai a manobra.

  5. s m [INFORM]

    Combinación de teclas que permite realizar unha operación dun programa evitando ter que abrir menús ou realizar operacións complicadas co rato ou con outro dispositivo semellante.

Frases feitas

  • Botar polo atallo. Superar un atranco.

Refráns

  • Atallo quita traballo.
  • Hai camiños novos por atallos vellos.
  • Non déixe-Io mal camiño polo bo atallo.
  • Non haí atallo sen traballo, nin arrodeo sen recreo.
  • Quen moito anda, pouco atalla.

Palabras veciñas

atallado -da | atalladoiro | atallar | atallo | Atalo I | Atalo III | atamán