audacia
audacia
(
-
s
f
Impulso que leva a realizar sen temor accións difíciles, intrépidas ou perigosas.
Ex: Todo o equipo manifestou unha gran audacia.
Sinónimos: animosidade, ardideza, ardimento, atrevemento, ousadía, valentía, valor. -
s
f
Acto de gran valentía.
Ex: Hércules caracterizábase pola súa audacia.
Sinónimos: intrepidez, ousadía.
Refráns
- Ata os gatos queren agora zapatos.
- Ata os gatos teñen tos.
- Cando a auga falou, dixo: dos moitos e dos poucos veñan os afoutos.
- Home atrevido, dura o que dura un vaso de vidro.
- Ó home ousado a fortuna vénselle á mao.
- O home valente é home prudente.
- Ó horne ousado a fortuna pónselle ao lado.
- Piollo resucitado e enfachendado, morre coma un condanado.