audición

audición

(

  1. s f
    1. Acción e efecto de oír.

    2. [FISIOL]

      Percepción de ondas sonoras por un animal. Implica sempre a existencia de órganos receptores, de nervios auditivos e de ganglios ou centros nerviosos que transforman o estímulo mecánico das ondas en sons. Para o home resultan audibles ondas de frecuencia comprendida aproximadamente entre os 15 e os 20.000 Hz, e ten a máxima sensibilidade auditiva para sons unhas 3.000 vibracións por segundo. Outros mamíferos superan amplamente esta gamma de frecuencias; algúns cetáceos chegan a percibir ondas de frecuencia comprendidas entre os 500 e os 140.000 Hz.

  2. s f

    Acción de facer en público un recital de versos, de canto ou un concerto musical.

    Ex: Fomos ó teatro a unha audición de poemas de diversos autores.

  3. s f

    Calquera tipo de sesión ou programa radiofónico na que se exercita o sentido do oído.

    Ex: Tivemos unha audición en clase de inglés.

Palabras veciñas

Audiberti, Jacques | audibilidade | audible | audición | audiencia | audímetro | audio