audímetro

audímetro

(< lat audīre + grμέτρον ‘medida’)

s m [COMUN]

Aparello electrónico que se instala e se conecta ao televisor coa misión de rexistrar de forma autómatica e continuada todos os cambios que se produzan durante a súa utilización a calquera hora do día: acendido, apagado e cambio de cadeas. O audímetro permite averiguar a audiencia media de cada programa de televisión co fin de elaborar estudios que axuden aos anunciantes a rentabilizar ao máximo o investimento publicitario. O audímetro instálase en diversos fogares espallados por un contexto xeográfico, que reciben o sinal de determinados canais televisivos e que constitúen unha mostra representativa do universo estudiado.

Palabras veciñas

audible | audición | audiencia | audímetro | audio | audio- | audioconferencia