automatización
(
-
s
f
Acción e efecto de automatizar.
-
s
f
[AUTOM/ECON]
Aplicación dos automatismos para conseguir que partes importantes, e mesmo a totalidade, dun proceso de produción aumenten a súa rendibilidade facendo que se manteña un nivel uniforme de calidade. A automatización, posible grazas ao gran desenvolvemento da Automática durante a primeira metade do s XX, é aplicable en todos aqueles procesos continuos que presentan un programa único de elaboración. Apareceu por primeira vez no ano 1947 na industria do automóbil, cando por medio das máquinas de transferencia se puideron aplicar os principios de montaxe en cadea aos procesos de mecanización. A automatización produciu profundas transformacións dentro da organización da división técnica e social do traballo: o efecto inmediato foi o de elevar a produtividade e reducir os custos. Non obstante , malia que o traballo automatizado elimina as tarefas perigosas e o esforzo físico, non afecta exclusivamente ao mundo laboral, senón que incide en todas as esferas da sociedade.
Sinónimos: automación. -
s
f
[LING]
Termo proposto polo lingüísta checo Bohulav Havránek para indicar certas tendencias que presentan as linguas ao facer convencionais determinadas construcións, illadas ou integradas nun conxunto superior, que van collendo un sentido cada vez máis independente da situación ou do contexto que as determinara inicialmente. No galego atopamos automatizacións en expresións do tipo “mira que se...”, “a ver se...”, “que queres que che diga?” e moitas máis.