automático -ca

automático -ca

(< autómata)

  1. adx [AUTOM]

    Que funciona ou actúa mecanicamente sen a intervención do home. Aplícase a unha operación ou proceso mecánico cando, ao recibir un estímulo para comezar, se desenvolve de seu ata o final.

    Ex: O piloto automático dirixe só o avión.

  2. adx

    Non voluntario, que non depende da vontade.

    Ex: En canto escoitou a súa voz, a fuxida foi automática.

    Confrontacións: inconsciente.
  3. adx

    Que se produce como consecuencia directa dun feito determinado.

    Ex: Iso provocará unha suba automática dos prezos.

  4. s m [TÉXT]

    Mecanismo que teñen algunhas máquinas de coser e que fai que estas funcionen en parte por si soas.

  5. s m [TÉXT]

    Especie de corchete que se pecha suxeitando o macho cos dentes da femia e que actúa como un resorte.

Palabras veciñas

automación | autómata | automática | automático -ca | automatismo | automatización | automatizar