autoxiro

autoxiro

(

s m [AERON]

Aparello voador no que a sustentación se obtén mediante un rotor provisto de varias aspas que fan a función de ás e que xira sen acción do motor mediante o fenómeno de autorrotación. O movemento de traslado conséguese por calquera sistema de propulsión aérea, aínda que xeralmente son hélices, que van colocadas na parte dianteira do aparato. O autoxiro é unha aeronave intermedia entre o helicóptero e o avión, pode voar de xeito controlado a velocidades moi baixas e pode permanecer case inmóbil no aire, de xeito semellante ao helicóptero. Foi inventado polo enxeñeiro Juan de la Cierva, quen solicitou a súa patente no ano 1920. O modelo C-30 voou por primeira vez no ano 1932.

Ex: Os autoxiros aterraban case que de forma vertical.

Confrontacións

avión, helicóptero

Citas

  • Os autoxiros aterraban case que de forma vertical.