2 auxiliar

2 auxiliar

(

  1. adx

    Que presta os seus servicios nun traballo, acción ou función como complemento ou axuda.

    Ex: Hai certas embarcacións que precisan da axuda de motores auxiliares.

  2. s

    Persoa que axuda ou que ten como oficio auxiliar a outra nun traballo.

    Ex: Aprobou a oposición de auxiliar de biblioteca.

    Sinónimos: asistente.
  3. [LING]
    1. adx

      Dise do termo incidental empregado de tal xeito que, non representando un sentido completo, só pode ser entendido cando se atopa relacionado cun termo principal ao cal se adxunta.

    2. verbo auxiliar

      erbo incidental que depende doutro dentro dun mesmo sintagma verbal. O verbo auxiliar modifica a aquel do cal é incidente, asignándolle un matiz novo ao seu significado. Pódese descubrir que un verbo é auxiliar a partir deste carácter de subordinación respecto do outro verbo. Os verbos auxiliares que forman parte das perífrases son, fundamentalmente, ser, estar e haber. Así, por exemplo, en Filipe foi despedido por incompetente, o auxiliar é “foi”; en Vou estudar para enxeñeiro, “vou”; e en Temos que carrexar achas de leña, o auxiliar é “temos”.

  4. s [PEDAG]

    Profesor dun centro de ensino que axuda ou substitúe ao profesor titular en casos de ausencia ou enfermidade.

    Ex: Traballa como auxiliar no instituto Rosalía de Castro.

  5. auxiliar de voo

    Persoa destinada nun avión a atender os pasaxeiros e a tripulación.

  6. auxiliar do comerciante [DER]

    Persoa que, dun xeito permanente e estable, contrata con terceiras persoas en nome dun comerciante ou empresario, baixo a dependencia deste e a cambio dunha retribución. Nunha acepción máis ampla, toda persoa que actúa directa ou indirectamente en nome dun comerciante, mesmo de maneira autónoma, como os axentes, os comisionistas, etc.

  7. auxiliar técnico sanitario [MED]

    [ATS] Título da persoa que ten feitos os estudios oficiais que habilitan para exercer esta profesión: asistencia de enfermos segundo as instrucións do médico e intervencións de cirurxía menor.

  8. corpo auxiliar [BÉL]

    Unidade non combatente.

  9. tropas auxiliares [BÉL]

    Tropas que combaten a carón das regulares dun ou máis estados en situación bélica formal, xeralmente formadas sobre a base de voluntarios. Son designadas tamén como auxiliares as unidades de recrutamento voluntario ou mercenario, provenientes doutros estados, autorizadas ou non polo goberno, e tamén as tropas ao servizo das potencias coloniais formadas por poboacións indíxenas non organizadas como estados.