aval

aval

(

  1. s m

    Sinatura que pon ao pé dunha letra ou doutro documento de crédito a persoa que responde do pagamento no caso de non facelo a persoa obrigada.

    Ex: Os seus pais puxeron o aval no documento para que puidera firmar a hipoteca.

    Confrontacións: garantía, fianza.
  2. s m

    Acción pola que unha persoa física ou xurídica responde da solvencia moral ou económica doutra.

    Ex: Tiven que pedir un aval para mercar o coche.

    Confrontacións: cobertura, garantía, fianza.
  3. s m [DER]

    Fianza de carácter mercantil incorporada a unha letra de cambio, mediante a cal o avalador comprométese a pagar o importe da letra nos mesmos casos e da mesma maneira na que están obrigados os outros responsables do seu pagamento. Debe facerse por escrito.

Palabras veciñas

Avadi | avagar | avaiñar | aval | avalancha | avalar | avaliable