Aviaco
Aviaco
Compañía de aviación fundada en Bilbao en febreiro do 1948 co nome de Sociedad de Transportes Aviación y Comercio, SA. No ano 1954 pasou a mans do INI e dende o 1959 foi administrada por Iberia. O INI contaba co 67% do seu capital e Iberia co 32%. A crise enerxética dos anos setenta creoulle perdas que deron lugar a unha reestruturación nos anos 1979-1980 centrada na ampliación de capital e na adecuación da flota. En 1982 fíxose cargo da explotación do aeroporto de Andorra. No ano 1984 transportou 4’3 millóns de pasaxeiros en 63.000 voos. Posteriormente pasou a integrarse completamente na compañía Iberia.