Axeitos
Axeitos
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar parece remitir ao latín adiactus, derivado de ad-iacere ‘estar próximo’, polo que designaría as terras que quedan fóra do muro cando se pecha unha propiedade, ou aquelas que están contiguas a esta cando aínda non existen lindes. A miúdo adoita aparecer coa forma castelanizada Ageitos.