axeitar
(< xeito)
-
v t
Facer que algo se axuste ás pretensións establecidas.
Ex: Tiven que axeitar os meus costumes ó horario laboral.
Sinónimos: adecuar, axustar. -
v t
Poñer cada cousa no lugar que lle corresponde ou a xeito.
Ex: Hai que axeitar o salón antes de que cheguen os invitados. Axeita ese vestido que o puxeches revirado.
Sinónimos: arrombar, ordenar. -
v t
Facer cadrar ou encaixar dúas pezas distintas.
Ex: A modista axeitoulle as mangas ó vestido que lle levei.
-
v pron
Resultar conveniente, adecuada unha cousa.
Ex: O que me propós non se axeita á idea que eu tiña.
-
v pron
Adaptarse alguen a facer algo en determinadas circunstancias.
Ex: Non me dou axeitado ó novo traballo. Axeiteime pouco a pouco a vivir na nova casa.
-
v pron
Darse alguén maña para facer algo.
Ex: Axéitase moi ben como fotógrafo.
-
v t e pron
Poñer(se) algo ou alguén limpo e aseado.
Ex: Axeitou o can para saír á rúa. Axeitouse e o seu aspecto cambiou por completo.
Refráns
- A carne de lobo, dente de can.
- A tal tempo, tal tento.
- Acá como acá e alá como alá.
- Alí como alí e aquí como aquí.
- Cal o tempo, tal o tento.
- Facer O que todos ou non andar con todos.
- Na terra dos lobos, oubear coma todos.
- Na terra en que morares, axéitate como poidas.
- Ó son que che toquen, baila.
- Os ruís e os tizós nunca ben os compós.
- Por onde fores, fai como vires.
- Segundo me tocan, bailo.
- Toma o tempo segundo vén.
- Vai cos da feira e volve cos do mercado.
- Vivir como se pode e non como se quere.
- ¡Baila, Antón, que para iso che fan o son!
Palabras veciñas
axeb | axeitado -da | axeitamento | axeitar | axeito | Axeitos | Axeitos Agrelo, Xosé LuísIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axeito
axeitas
axeita
axeitamos
axeitades
axeitan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axeitaba
axeitabas
axeitaba
axeitabamos
axeitabades
axeitaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axeitei
axeitaches
axeitou
axeitamos
axeitastes
axeitaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axeitara
axeitaras
axeitara
axeitaramos
axeitarades
axeitaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axeitarei
axeitarás
axeitará
axeitaremos
axeitaredes
axeitarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axeitaría
axeitarías
axeitaría
axeitariamos
axeitariades
axeitarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axeite
axeites
axeite
axeitemos
axeitedes
axeiten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axeitase
axeitases
axeitase
axeitasemos
axeitasedes
axeitasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axeitar
axeitares
axeitar
axeitarmos
axeitardes
axeitaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
axeita
-
-
axeitade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axeitar
axeitares
axeitar
axeitarmos
axeitardes
axeitaren
axeitada
axeitados
axeitadas