Baader-Meinhof, Banda
ou Rote Armee Fraktion (Fracción do Exército Vermello) Organización terrorista da República Federal Alemana creada en 1968 e dirixida por Andreas Baader (1943-1977), Ulrike Meinhof (1934-1976) e Gudrun Enslin. A súa orixe sitúase na oposición da esquerda parlamentaria máis radical, pretendendo mostrar a natureza represiva da Alemaña Occidental. Recrutaron os seus efectivos entre estudiantes, intelectuais e profesionais liberais e contactaron con organizacións terroristas internacionais, entre as que salientaba a resistencia palestina. Os seus métodos de protesta e reivindicación eran acotío violentos: atentados contra instalacións da OTAN, asasinato do presidente da CDU de Berlín (1975), asasinato do presidente da patronal alemá (1977), etc. As mortes en prisión de Meinhof (1976), Baader (1977) e Ensslin (1977) fixeron que minguase a forza da organización.