baleirar

baleirar

(< ár batil)

  1. v t

    Deixar sen nada dentro algún receptáculo sacando o que contén. SIN: baldeirar, desocupar, librar.

    Ex: Baleira unha ampola no vaso. Baleiramos a piscina onte pola mañá.

    Antónimos: encher.
  2. v t

    Deixar baleiro un lugar facendo saír o que hai dentro ou abandonándoo. SIN: baldeirar, desaloxar, desocupar, evacuar.

    Ex: Os policías baleiraron o local.

    Antónimos: encher.
  3. v t

    Sacar algunha cousa dun receptáculo. SIN: desocupar, librar.

    Ex: Baleiramos a roupa do armario, pero deixamos a que estaba nos caixóns.

  4. v t

    erter o contido dun recipiente.

    Ex: Baleirou a prata coas patacas dentro da ola.

  5. v t

    Formar un obxecto deitando metal fundido ou calquera outra materia branda dentro dun molde baleiro.

    Ex: Tes que axudarme a baleirar o molde da lancha.

  6. v t

    Practicar un baleiro nun sólido.

    Ex: Botou moito tempo baleirando o zoco.

  7. v t

    Sacar datos dun escrito.

    Ex: Baleirou diversos dicionarios coa finalidade de compilar todos os nomes de minerais.

  8. v pron

    Quedar algunha cousa sen contido. SIN: baldeirarse.

    Ex: Cando chegas dos adestramentos baléirase o frigorífico.

  9. v pron

    Saír o contido dun recipiente na súa totalidade. SIN: baldeirarse.

    Ex: Tapaches mal a bañeira e xa se baleirou.

  10. v pron

    Facerse unha cavidade no interior dalgunha cousa. SIN: baldeirarse.

    Ex: O tronco da maceira vella baleirouse.

  11. baleirar a papeleira [INFORM]

    Acción que se pode executar en sistemas operativos que traballen nun contorno gráfico de ventás como Mac OS ou Windows, para eliminar un documento ou aplicación, ou un conxunto deles, que previamente foran seleccionados e introducidos nun directorio denominado papeleira.

  12. adx

    Que non ten xente ou habitantes. SIN: baldeiro.

    Ex: É unha persoa baleira e superficial. Non podes empregar argumentos tan baleiros para defender o que dis.

  13. adx

    Que carece de interese ou fundamento. SIN: baldeiro.

    Ex: Un anaco de bosque baleiro de árbores. Palabras baleiras de significado.

  14. adx

    Que presenta algunha carencia. OBS: Sempre se emprega con complemento. SIN: baldeiro.

    Ex: A sala estaba case baleira.

  15. adx f

    Receptáculo ou lugar que non ten o seu espacio ocupado, especialmente polo que está destinado a conter. SIN: baldeiro.

    Ex: Temos unha vaca preñada e outra baleira.

  16. s m

    Aplícase á femia do gando que non está preñada. SIN: baldeira.

    Ex: A súa marcha deixou entre nós un enorme baleiro.

  17. s m

    Sentimento experimentado pola ausencia dunha persoa ou carencia dunha cousa. SIN: baldeiro.

    Ex: No baleiro da roca había auga doce da chuvia.

  18. s m

    Dentro dun sólido, espacio non ocupado pola materia. SIN: baldeiro.

    Ex: Esvarou no cume do monte e caeu ó baleiro.

    Confrontacións: abismo.
  19. s m [ANAT]

    Lugar de gran profundidade ou visto desde unha considerable altura onde non se rexistran corpos sólidos. SIN: baldeiro.

  20. s m [CONSTR]

    Rexión bilateral do abdome, situada entre o hipocondrio e a fosa ilíaca. SIN: baldeiro.

  21. s m [FILOS/FÍS]

    Cada unha das aberturas (portais, xanelas, espacios entre columnas, etc) situadas nun entrepano de parede ou noutra construción. SIN: baldeiro.

  22. s m [FÍS]

    Espacio desprovisto de materia. Na tradición filosófica occidental a existencia e a natureza do baleiro ou vougo foi un tema de especulación tanto cosmolóxica coma metafísica xa para os pensadores gregos presocráticos. Os pitagóricos e os estoicos admitían o baleiro fóra do mundo, os primeiros como unha materia ambiente asimilable ao aire e os segundos como un ente incorpóreo. Pola contra, Parménides, que identificou o baleiro coa nada, negoulle a existencia, porque a existencia da nada sería contraditoria. Para os atomistas o universo compoñíase de dous principios: os átomos (=materia=ser) e o baleiro (=espacio= nada), que facía posible o movemento dos átomos e explicaba a comprensibilidade dos fluídos e a diferente densidade dos corpos. O principal negador do baleiro foi Aristóteles, para quen non podía haber baleiro fóra do mundo, posto que estaba limitado pola última das esferas, nin no mundo, xa que faría imposible a existencia e a transmisión do movemento (os corpos terían que moverse a unha velocidade infinita e sería posible a acción a distancia). A negación do baleiro converteuse nun dos dogmas básicos da cosmoloxía aristotélica e escolástica, e deu lugar á idea medieval do horror da natureza ao baleiro, co que se explicaban feitos como a ascensión da auga nunha bomba aspirante. A discusión da cosmoloxía aristotélica, iniciada polos seguidores de Occam no s XIV, deu lugar a un renacemento das concepcións atomistas sobre o baleiro, pero toparon en pleno s XVII coa oposición de Descartes, que declaraba imposible a súa existencia. A partir do Renacemento a cuestión presentouse en termos experimentais, co que se converteu nun problema da Física. SIN: baldeiro.

  23. adx [HERÁLD]

    No contexto da Física clásica, concepto límite dun espazo desprovisto totalmente de materia, no que se propagan os campos. A evolución da noción de baleiro progresou paralelamente á evolución das teorías da composición da materia, das interaccións e ao progreso das tecnoloxías para a produción do baleiro. Mentres que Pascal demostrou no s XVII a existencia do baleiro mediante un barómetro, a interpretación excesivamente mecanicista dos fenómenos ondulatorios fixo que no s XIX se considerase erroneamente que as ondas electromagnéticas requirían un medio material para se propagar, o éter, que había de encher todo o espacio, mesmo o espacio ‘baleiro’. O baleiro total (ou nada) é un concepto teórico, non experimentable en ningunha situación física real. O xurdimento da relatividade espacial e da mecánica cuántica fixo que o problema teórico do baleiro se convertese nun dos máis profundos da Física. O baleiro considérase un espazo desprovisto totalmente de partículas reais, ou, máis correctamente, como o estado coa menor enerxía posible. Os principios desta idea remóntanse á teoría de Dirac na que o baleiro era considerado unha chea de electróns de enerxía negativa. Nas teorías cuánticas de campos, as flutuacións do baleiro (flutuacións da súa enerxía compatibles co principio de incertidume), materialízanse na formación de parellas partícula-antipartícula. O baleiro é aínda un problema non totalmente resolto. SIN: baldeiro.

  24. s m [TECNOL]

    Dise da peza que ten unha abertura pola que se ve o campo do escudo. SIN: aberto, baldeiro, baldeirado, baleirado, oco.

  25. baleiro por completo [CONSTR]

    Rexión do espazo na que a presión atmosférica foi reducida tanto como foi posible mediante sistemas de bombeo, ou tanto como foi necesario para evitar a influencia da atmosfera sobre os procesos que se levan a cabo no interior do espacio pechado. O primeiro intento de obter o baleiro fíxoo Otto von Guericke, en 1632, ao tentar extraer a auga dun recinto completamente cheo; foi un fracaso. Probou despois cun recipiente cheo de aire, e chegou así á máquina pneumática, posteriormente mellorada por Robert Boyle e Christian Huygens. Para clasificar os graos de baleiro, existen as denominacións seguintes: baleiro baixo (p > 10 2 Pa), baleiro medio (10 -1 Pa < p < 10 2 Pa), baleiro elevado (10 -5 Pa < p < 10 -1 Pa) e ultrabaleiro (p < 10 -5 Pa). Obtense o baleiro mediante bombas de baleiro. Para medir baleiros baixos emprégase o manómetro de Bourdon e columnas de líquidos; para presións de baleiro medio o vacuómetro de McLeod ou o vacuómetro de Pirani, e para os baleiros elevados ou os ultrabaleiros o medidor de ionización. O baleiro ten un papel primordial na condución térmica dos electróns producidos por emisión e nos fenómenos termoquímicos. En enxeñería química, as baixas presións que caracterizan o baleiro favorecen as reaccións de produción de gases ou vapores a partir de substancias non volátiles; isto permite a destilación de metais, de substancias termolábiles, a liofilización e a separación industrial de isótopos. Aplícase tamén o baleiro en procesos metalúrxicos como a afinación e a coada. SIN: baldeiro.

  26. conxunto baleiro [MAT]

    Medición na que non foi deducida a parte correspondente a unha sección de obra non feita porque este espazo queda cheo por algún outro elemento de construción.

  27. en baleiro [TECNOL]

    O que non contén ningún elemento.

  28. son baleiro [LING]

    Dise do funcionamento dunha máquina, un motor, un aparello, etc, sen carga.

  29. Na terminoloxía de Nikolaj Sergejevic Trubeckoj, denominación que reciben os fonemas emparentados cos planos, cos que forman unha oposición equipolente, baseada nunha impresión acústica de vacuidade nas cavidades supraglóticas fronte a unha planicie das mesmas cavidades.

Frases feitas

  • Baleirar o papo. Dicir todo o que se pensa dun determinado asunto. Ex: Calou moito, pero ao final baleirou o papo.

Palabras veciñas

Baleira | baleirado | baleirador -ra | baleirar | baleirar | baleiro -ra | Baleirón
Conxugar
VERBO baleirar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baleiro
baleiras
baleira
baleiramos
baleirades
baleiran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baleiraba
baleirabas
baleiraba
baleirabamos
baleirabades
baleiraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baleirei
baleiraches
baleirou
baleiramos
baleirastes
baleiraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baleirara
baleiraras
baleirara
baleiraramos
baleirarades
baleiraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baleirarei
baleirarás
baleirará
baleiraremos
baleiraredes
baleirarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baleiraría
baleirarías
baleiraría
baleirariamos
baleirariades
baleirarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baleire
baleires
baleire
baleiremos
baleiredes
baleiren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baleirase
baleirases
baleirase
baleirasemos
baleirasedes
baleirasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baleirar
baleirares
baleirar
baleirarmos
baleirardes
baleiraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
baleira
-
-
baleirade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baleirar
baleirares
baleirar
baleirarmos
baleirardes
baleiraren
Xerundio baleirando
Participio baleirado
baleirada
baleirados
baleiradas