baleirar
(< ár batil)
-
v t
Deixar sen nada dentro algún receptáculo sacando o que contén.
Ex: Baleira unha ampola no vaso. Baleiramos a piscina onte pola mañá.
Sinónimos: baldeirar, desocupar, librar. Antónimos: encher. -
v t
Deixar baleiro un lugar facendo saír o que hai dentro ou abandonándoo.
Ex: Os policías baleiraron o local.
Sinónimos: baldeirar, desaloxar, desocupar, evacuar. Antónimos: encher. -
v t
Sacar algunha cousa dun receptáculo.
Ex: Baleiramos a roupa do armario, pero deixamos a que estaba nos caixóns.
Sinónimos: desocupar, librar. -
v t
Verter o contido dun recipiente.
Ex: Baleirou a prata coas patacas dentro da ola.
-
v t
Formar un obxecto deitando metal fundido ou calquera outra materia branda dentro dun molde baleiro.
Ex: Tes que axudarme a baleirar o molde da lancha.
-
v t
Practicar un baleiro nun sólido.
Ex: Botou moito tempo baleirando o zoco.
-
v t
Sacar datos dun escrito.
Ex: Baleirou diversos dicionarios coa finalidade de compilar todos os nomes de minerais.
-
v pron
Quedar algunha cousa sen contido.
Ex: Cando chegas dos adestramentos baléirase o frigorífico.
-
v pron
Saír o contido dun recipiente na súa totalidade.
Ex: Tapaches mal a bañeira e xa se baleirou.
-
v pron
Facerse unha cavidade no interior dalgunha cousa.
Ex: O tronco da maceira vella baleirouse.
-
[INFORM]
Acción que se pode executar en sistemas operativos que traballen nun contorno gráfico de ventás como Mac OS ou Windows, para eliminar un documento ou aplicación, ou un conxunto deles, que previamente foran seleccionados e introducidos nun directorio denominado papeleira.
Frases feitas
-
Baleirar o papo. Dicir todo o que se pensa dun determinado asunto. Ex: Calou moito, pero ao final baleirou o papo.
Palabras veciñas
baleirado | baleirador -ra | baleirar | baleirar | baleiro -ra | Baleirón | balénidoIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baleiro
baleiras
baleira
baleiramos
baleirades
baleiran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baleiraba
baleirabas
baleiraba
baleirabamos
baleirabades
baleiraban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baleirei
baleiraches
baleirou
baleiramos
baleirastes
baleiraron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baleirara
baleiraras
baleirara
baleiraramos
baleirarades
baleiraran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baleirarei
baleirarás
baleirará
baleiraremos
baleiraredes
baleirarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baleiraría
baleirarías
baleiraría
baleirariamos
baleirariades
baleirarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baleire
baleires
baleire
baleiremos
baleiredes
baleiren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baleirase
baleirases
baleirase
baleirasemos
baleirasedes
baleirasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baleirar
baleirares
baleirar
baleirarmos
baleirardes
baleiraren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
baleira
-
-
baleirade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baleirar
baleirares
baleirar
baleirarmos
baleirardes
baleiraren
baleirada
baleirados
baleiradas