Bambata

Bambata
[PREHIST]

Complexo industrial paleolítico, tamén denominado Stillbay, da Middle Stone Age (Idade da Pedra Media) procedente da África oriental e meridional. Detéctase pola presenza de raspadeiras e puntas subtriangulares con retoque unifacial e bifacial. Sucede, logo do intervalo de Howieson’s-Port, á industria de Pietersburg, asociada ás formas máis antigas de Homo sapiens, coñecidas polas covas de Border Cave e Klasies River. Esta sucesión púidose establecer grazas á secuencia estratigráfica da cova de Bambata (Zimbabwe).

Palabras veciñas

bambán | Bambán | bambara | Bambata | bambeante | bambear | bambeo