bambán

bambán

(< voz onomatopeica)

  1. s m

    Asento horizontal suspendido a unha certa distancia do chan e pendurado por cordas ou similares, nas que unha persoa pode sentar ou arrandear cunha finalidade lúdica. Pode estar elaborado con formas moi distintas e diferentes materiais. SIN: acaneadoiro, arrandeadoiro, carriola, randeeira.

    Ex: Xa están fartos dos bambáns e prefiren xogar en grupo.

  2. s m

    Barra horizontal cun punto de apoio central que os nenos utilizan como divertimento sentando nos extremos para subir e baixar alternativamente.

    Ex: Non quere vir comigo ó bambán e eu só non podo balancearme.

Frases feitas

  • Darse moito bambán. Valorarse alguén excesivamente.

Palabras veciñas

Bama | Bamako | bamalip | bambán | Bambán | bambara | Bambata