bamalip
bamalip
s
m
[FILOS]
Modo indirecto da cuarta figura do siloxismo da lóxica aristotélico-escolástica, no que as premisas son universais afirmativas e a conclusión particular afirmativa. Un exemplo deste xeito de trasposición das premisas para a súa conversión accidental en conclusión pode ser: “Se todos os humanos son animais / e todos os animais son mortais, / entón algúns mortais son humanos”. SIN: baralipton.