Bamberg, bispado de
Bamberg, bispado de
Principado eclesiástico do Sacro Imperio, no círculo de Franconia. Estendíase polo alto val do Maine e polos vales baixo e medio do Regnitz, posesións que foron anexionadas pola sé exenta de Bamberg durante o s XIII. O principado foi secularizado e incorporado a Baviera no ano 1803.