bancada

bancada

(< banco)

  1. s f

    Fileira de bancos. SIN: grada.

  2. s f [AGR]

    Nun terreo inclinado, zona que se pode adicar ao cultivo grazas á construción de pequenos muros. SIN: bancal, socalco.

  3. s f [MAR]

    Grupo grande de peixes que pasan xuntos. SIN: banco.

  4. s f [MAR]

    Conxunto de bancos feitos de táboas traveseiras que van de babor a estribor nos botes e que serven de asento aos remeiros, ou bancos que se colocan dentro do bordo nas embarcacións menores.