bancario -ria

bancario -ria

(< banco)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á banca ou aos bancos de crédito.

  2. escola bancaria

    Denominación do grupo de economistas ingleses que se opuxo ao Peel Act de 1844 e ás teses da Currency School. Hai que sinalar entre eles, en primeiro lugar, a Thomas Tooke, Johan Fullarton e James William Gilbart. Conseguiron a adhesión da maioría dos principais economistas, en particular a de John Stuart Mill, contra os homes prácticos e os funcionarios do Bank of England. As súas críticas pódense sintetizar en tres ideas principais: en primeiro lugar, o control da emisión é insuficiente para garantir a estabilidade; en segundo lugar, a convertibilidade é suficiente para asegurar a estabilidade monetaria; en terceiro lugar, o Bank of England non pode dividirse en departamento emisor e departamento bancario.

Palabras veciñas

Banca Viñas Aranda | bancada | bancal | bancario -ria | bancarrota | Bance | banceira