Banco Nacional de París

Banco Nacional de París
Nome científico: [BNP]

Entidade bancaria francesa fundada no ano 1966 como resultado da fusión do Banco Nacional para o Comercio e a Industria (constituído no ano 1932) e o Comptoir National d’Escompte de París (fundado no ano 1848). Chegou a ser mediante esa fusión, no 1968, o primeiro banco da Comunidade Económica Europea polo volume de depósitos e o terceiro banco do mundo capitalista. Introduciuse no mercado español no 1981 adoptando o nome de BNP España.