Banco Pinto & Sotto Mayor

Banco Pinto & Sotto Mayor
Nome científico: [BPSM]

Entidade bancaria constituída en Lisboa no ano 1914 como Casa Bancária Pinto & Sotto Mayor. Nos primeiros anos adquiriu o Banco Chaves, o Banco Mercantil de Viana do Castelo e fundou ou participou na creación de varias empresas. No ano 1925 transformouse en sociedade anónima de responsabilidade limitada, coa denominación de Banco Pinto & Sotto Mayor. No ano 1960 o Grupo Industrial António Champalimaud entrou no capital do Banco participando na súa dirección. No ano 1975 o BPSM foi nacionalizado conxuntamente con outros Bancos. Por forza da reestruturación do sistema bancario, o BPSM incorporou en 1977 o Banco Intercontinental Português (BIP) e en 1993 foi decretada a reprivatización do capital social do BPSM. No ano 1995 comprou o 50% do capital do Banco Totta & Açores (BTA), que posteriormente ascendeu ao 94%, e comprou o Banco Chemical Portugal propiedade do Chemical Bank dos EE UU. No ano 1998 o Banco Pinto & Sotto Mayor, xunto co Banco Totta & Açores, o Crédito Predial Português e o Banco Chemical Finance (Portugal), creou o Grupo Mundial Confiança.