Banco Popular Español
Banco Popular Español
Entidade bancaria constituída en Madrid no 1926 coa denominación de Banco Popular de los Previsores del Porvenir, cun carácter cooperativo. No 1947 trocou o nome polo actual. O seu crecemento iniciouse na década de 1940, mediante unha política de espallamento xeográfico en colaboración co Banco Central. Posteriormente, por medio dunhas sociedades de carteira (Popularinsa), realizou unha política de expansión a partir do control de bancos de carácter rexional; no caso galego, o Banco de Galicia, entidade absorbida no ano 1971.