Bandeira, A
Bandeira, A
Lugar da parroquia de Manduas, concello de Silleda. Con 596 h (1996), constitúe o segundo núcleo de poboación do concello de Silleda, por detrás da capital municipal. A isto contribúe a súa situación á beira da estrada nacional N-525 e, sobre todo, a estación do ferrocarril de Santiago de Compostela a Ourense.