barbacabreira
barbacabreira
(< barba + cabreira)
s
f
[PLANTA]
Herba bienal do xénero Tragopogon da familia das asteráceas, de follas oblongas e lineais con latex. Os capítulos, de ata 5 cm de diámetro, están formados por flores amarelas e liguladas. Os froitos son aquenios con vilano plumoso. Na metade oriental de Galicia están presentes, en ambientes secos e marxes de camiños T. crocifolius, T. dubius, T. porrifolius e a máis común T. pratensis.