barbada
(< barba)
-
s
f
Parte carnosa situada debaixo do queixo humano, especialmente se ten certa gordura. SIN: barbadela, barbela, faceira, papada, papeira, papo.
Ex: Engordou un pouquiño e xa se lle nota máis a barbada.
-
s
f
Parte inferior da queixada do gando vacún, porcino e equino. SIN: barbadela, barbela, faceira, papada, papeira, papo.
Ex: O cabalo petou coa barbada no valado. O matachín introduciulle o coitelo ó porco que morreu de seguido.
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño de corpo alongado e comprimido lateralmente na parte inferior que pode acadar ata 60 cm de lonxitude. Presenta dúas barbelas sobre o fociño e outra no queixo, e unha liña lateral pouco evidente e curvada. Ten dúas aletas dorsais, a primeira máis curta e máis baixa cá segunda que se estende ata a aleta caudal, que é arredondada. É de cor avermellada, máis pálida nos laterais e no ventre, e amosa unhas pintas escuras no dorso. Vive en fondos rochosos de ata 120 m de profundidade, onde se alimenta doutros peixes e crustáceos. SIN: mariola.
-
barbada da
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño de corpo alongado, de ata 26 cm de lonxitude, que posúe tres barbelas, dúas no labio superior e a outra no inferior. A primeira aleta dorsal está formada por dúas ou tres aletas longas e está moi separada da segunda, e as aletas pectorais presentan de 17 a 19 radios. Ten o corpo e a segunda aleta dorsal salferida de castaño ou, ás veces, avermellada, cos laterais e o ventre cinsentos. Vive en pozas da zona intermareal de ata 10 m de profundidade na rexión do Atlántico Norte coñecida co nome de Macaronesia, onde se alimenta de crustáceos decápodos e algas.
-
barbada das
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño de corpo alongado, que non supera os 30 cm de lonxitude, cuberto de pequenas escamas e de cabeza apuntada e estreita con tres barbelas, unha no queixo e dúas no fociño. As aletas pélvicas posúen seis radios e as aletas pectorais de 15 a 18 radios. A súa cor é parda escura salferida de claro, coas aletas dorsal e anal orladas de negro. Aparece nas charcas intermareais onde se alimenta de algas, crustáceos e outros peixes.