Barca, pedra da

Barca, pedra da
[ETN]

Pedra de abalar situada no concello de Muxía, vencellada ao santuario cristián mariano de Nosa Señora da Barca. Como paso previo ao remate do camiño en Fisterra, inclúese tamén nas tradicións da peregrinación xacobea. Na romaría, que se celebra entre o 7 e o 15 de setembro de cada ano, os asistentes acoden en masa a abalar a pedra, que ten unhas dimensións de 8,70 m de longo, 6,91 m de ancho e 30 cm de espesura.

Palabras veciñas

Barca | Barca de Barbantes, A | Barca, Nosa Señora da | Barca, pedra da | Barca, punta da | barcada | Barcada