barométrico -ca
barométrico -ca
(< barómetro)
-
adx
[METROL]
Relativo ou pertencente ao barómetro.
Ex: En Física estúdiase o concepto de luz barométrica.
-
adx
[METROL]
Que está indicado polo barómetro.
Ex: A altura barométrica estanos a indicar os cambios na atmosfera.
-
cámara barométrica
[METROL]
Espacio comprendido entre o extremo pechado do tubo e o menisco de mercurio. A súa presión absoluta considérase nula.
-
ecuación barométrica
[FÍS]
Nun gas, ecuación que dá a densidade das súas partículas en función da enerxía potencial destas cando o gas se somete a un campo de gravitación. A ecuación defínese como: n = n 0 e -mgz/kT , onde n 0 é a densidade a nivel z = 0, m a masa dunha partícula, g a aceleración do campo de gravitación, k a constante de Boltzmann e T a temperatura absoluta. Constitúe un caso particular da fórmula xeral da distribución de Boltzmann.