barón
(< xerm baro ‘home libre’)
-
s
m
[HIST]
-
Dende o s XIII, señor que posuía o dominio xurisdicional sobre unha baronía.
-
A palabra, de orixe xermánica, significaba orixinariamente ‘home libre’, pero xa antes do s XII se xeneralizou en diversos países europeos como sinónimo de persoa notable, guerreiro ou acompañante do Rei. Na xerarquía feudal o barón figuraba por debaixo do vizconde. Este título, coa categoría de par, estableceuse en Francia e en Inglaterra a partir do s XIV; no s XVI estendeuse por Europa. Na Península Ibérica a baronía tivo unha gran consideración nos ss XI e XII, sobre todo en Aragón, onde os baróns ou señores conformaban a alta nobreza, formaban parte da Curia Regis e rexían os distritos administrativos. En Castela os baróns eran coñecidos como ricoshomes. En Catalunya, concedéronse títulos de barón a certos nobres posuidores de terras señoriais dunha certa extensión, que ocupaban o último lugar da nobreza catalana. Este título non figura na nobreza galega. Durante a Idade Moderna, algúns señores xurisdicionais levaban o título de barón. A abolición destes señoríos xurisdicionais data da Revolución Francesa (1789), e na Península Ibérica das Cortes de Cádiz (1812).
-
-
barón do Exchequer
[HIST]
En Inglaterra, dende o s XIII ata o ano 1873, xuíces competentes nas causas entre a Coroa e os súbditos en materia de impostos.
-
s
m
Membro destacado dun partido político.
Ex: Celebrouse unha reunión á que asistiron os baróns máis influentes do partido.