barroso -sa

barroso -sa

(< barro)

  1. adx

    Aplícase ao terreo ou á terra en que abunda o barro.

    Ex: Fundíronse as rodas do coche no camiño barroso.

  2. adx

    Que presenta unha cor semellante á do barro, especialmente referíndose ao gando.

    Ex: Mercamos dúas vacas barrosas.

  3. adx

    Que presenta unha superficie pouco pulida.

  4. s

    Quen traballa o barro.

  5. s m

    xílgaro.

Palabras veciñas

barrosiña | Barroso | Barroso | barroso -sa | Barroso Sánchez-Guerra, Antonio | barrosos | barrote