Barroso

Barroso
  1. [ONOM]

    Barreiro.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe procedente de Xinzo de Limia. Espallouse por León, Palencia, Toledo, Cáceres e Andalucía e mesmo pasou a Portugal. As súas armas levan, en campo de goles, cinco leóns de prata, postos en aspa. Algúns empregan o mesmo escudo, engadindo aos leóns tres faixas axadrezadas. Outra variante trae, en campo de goles, cinco leóns de prata postos en aspa, cargados cada un de tres faixas axadrezadas de ouro e goles. O Emperador Carlos I concedeulle a Pedro Barroso, conquistador das Indias, as armas: en campo de ouro, unha aguia de sable e, brochante dobre el todo, unha faixa de goles; bordo de azul con oito cruces de ouro.