Bassano

Bassano

Sobrenome toponímico de varios pintores italianos dos ss XVI e XVII co que foron coñecidos os membros da familia Da Ponte (ss XVI-XVII), familia de pintores venecianos orixinarios de Bassano. Francesco Bassano o Vello (Bassano, Venecia 1475? - 1530?) foi o iniciador da tradición pitórica. Iacopo Bassano (Bassano 1517 - 1591) foi o representante máis célebre da familia. Francesco Bassano o Novo (Bassano 1549 - Venecia 1592), fillo e discípulo do anterior, colaborou con este na decoración do Palacio Ducal de Venecia, onde se estableceu en 1579. Leandro Bassano (Bassano 1557 - Venecia 1622), tamén fillo e discípulo do Jacopo, foi apreciado sobre todo polos seus retratos. A obra desta familia está representada no Museo Cívico de Bassano. Giovan Battista (Bassano 1553 - 1613) e Gerolamo (Bassano 1566 - Venecia 1621) continuaron a traxectoria iniciada polo seu pai e os seus irmáns. A influencia dos Bassano foi moi grande en toda Europa. En España, Pedro Orrente foi chamado o Bassano español.