Bassae
Bassae
ou Bassai Cidade do nomós de Arcadia, no Peloponeso, Grecia, situada preto de Figalia. Nela consérvase un templo dedicado a Apolo Epicúreo, construído entre o 420 e o 417 a C por Ictinos, un dos arquitectos que proxectaran o Partenón da Acrópole de Atenas; aínda sendo esencialmente dórico, contén elementos xónicos (como acontecía co estilo ático ateniense) e a mostra máis antiga que se coñece da orde corintia, amosada nunha única columna situada ao fondo da parte central da cella, cunha clara intencionalidade simbólica. O friso e as métopas consérvanse no British Museum.