batak
-
adx
Relativo ou pertencente aos bataks ou á súa lingua.
-
s
Individuo do pobo batak.
-
s
[ETN]
Pobo protoindonesio de Sumatra. Os bataks, aproximadamente uns dous millóns de individuos, habitan principalmente na rexión do lago Toba. Divídense en diversas tribos, viven en clans exogámicos patrilineais. A súa cultura material, que se fundamenta nas súas actividades agrícolas e gandeiras, está relativamente desenvolvida. A súa cultura recibiu unha importante influencia hindú, malaia e xavanesa.
-
s
m
[LING]
Lingua do grupo indonesio falada polos bataks. Comprende dous grupos principais: toba-batak e dairi ou subtoba, divididos en diversos dialectos. Para os ritos funerarios empregan unha linguaxe especial. O sistema de escritura, diferente en toba-batak e en daire, ten a súa orixe na India meridional.