batedoiro

batedoiro

(< bater)

  1. s m

    Acción de bater continuadamente.

  2. s m

    Pedra na que se baten as roupas lavadas á man.

    Ex: As lavandeiras sacoden a roupa no batedoiro con moita forza.

    Sinónimos: lavadoiro.
  3. s m

    Lugar onde se bate ou sacode algunha cousa.

    Ex: Sempre limpo as alfombras do coche no mesmo batedoiro da eira.

  4. s m [MAR]

    Parte do barco contraria a aquela de onde sopra o vento.

    Ex: Imos para o batedoiro para estar máis acollidos.

    Sinónimos: sotavento.

Palabras veciñas

bateaugas | batecú | batedeira | batedoiro | batedor -ra | batedura | bateeiro -ra