batedor -ra
(< bater)
-
adx
Que bate.
Ex: Cando toco a pandeireta moito tempo dóeme o pulso da man batedora.
-
s
m
Utensilio, manual ou eléctrico, que se utiliza en cociña para mesturar, bater ou esmagar alimentos. OBS: O batedor manual consiste xeralmente en variñas de metal aínda que, antigamente, era de madeira. O batedor eléctrico xeralmente consiste nun aparato cunha peza xiratoria nun dos seus extremos e que se manexa coa man.
Ex: Utilicei o batedor para poñer as claras a punto de neve. Xa pasei a comida do meniño polo batedor, pero aínda non acabei de facer a nosa.
-
s
Persoa que vai diante dun grupo para recoñecer ou explorar o camiño.
Ex: Queremos que veñas connosco porque coñeces ben a zona e podes servirnos de batedor.
-
s
Cada un dos soldados de cabalería que preceden ao rexemento.
-
s
Cada un dos dous ou catro xinetes que preceden ás persoas reais ou aos xenerais en certas solemnidades.
-
s
Persoa que se encarga de levantar a caza nunha batida.
Ex: Hoxe foi un bo día de caza porque levamos un hábil batedor.
-
s
m
Peza articulada, xeralmente metálica, que vai pendurada na parte exterior da porta principal dunha casa e que se emprega para petar nela e chamar a xente que hai dentro da casa.
Sinónimos: aldraba, petador, picaporte.