batedura

batedura

(

  1. s f

    Acción e efecto de bater.

    Ex: Non batiches ben os ovos, vou ter que darlles outra batedura.

  2. s f

    Feito de bater pola acción do vento ou doutra cousa.

    Ex: Temos que pechar algunha xanela porque non para de haber bateduras.

  3. s f [AERON]

    Oscilación das pas do rotor dun xiroavión, ao redor da bisagra de articulación coa árbore motora.

  4. s f [FÍS]

    Oscilación que presenta a amplitude de vibración da onda que resulta da interferencia de dous trens de ondas con frecuencias próximas; o número de bateduras por segundo é igual á diferenza entre as frecuencias dos dous trens de ondas. Este fenómeno aprovéitase en acústica para medir frecuencias.

  5. s f [TÉXT]

    Operación de bater á que se someten, manualmente ou en batedores, as madeixas ou os tecidos para limpalos de po e quitarlle o apresto cando, se se aplicou en exceso ou é demasiado seco ou consistente, dá ao tecido un aspecto ou un tacto non desexados.

Palabras veciñas

batedeira | batedoiro | batedor -ra | batedura | bateeiro -ra | bátega | bategada