beiramar

beiramar

(< beira + mar)

  1. s f

    Franxa de terreo que linda co mar.

    Ex: Van tirar o hotel que fixeron na beiramar porque é unha construción ilegal.

    Sinónimos: ribeira.
  2. s f

    Área que está preto do mar.

    Ex: Gústanme máis as vilas da beiramar cás do interior.

    Sinónimos: mariña, ribeira. Confrontacións: costa, litoral, costa.

Palabras veciñas

beirada | beirado | beiral | beiramar | Beiramar | beirarrúa | Beiras