belcebú
belcebú
(< lat tardío Beelzebūb< hebreo Ba´al zěbub)
s
m
[RELIX]
Divindade cananea venerada en Ecrón que significa ‘señor das moscas’. No Novo Testamento menciónase co nome de Beelzebūl ‘señor do esterco’ para referirse ao ‘príncipe dos Demos’, en oposición a Deus co que se enfrontara antes dos tempos, tanto na demoloxía xudía coma cristiá; na tradición enténdese como o seu complemento, debido a que equilibra o universo entre as forzas do mal e as do ben, que habían saír triunfantes no final dos días.