Belo

Belo
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun alcume. Procede do adxectivo latino bellu ‘bonito, fermoso’, que xa foi empregado como cognome en época romana e como prenome en períodos posteriores. Non se pode, sen embargo, descartar a posibilidade de que sexa un descendente do adxectivo latino vetulu ‘vello’, debido á homografía que os descendentes destes dous étimos latinos presentaron durante a Idade Media. Na época medieval tamén se atesta en forma feminina aplicado a mulleres: “María Bela” (doc ano 1206 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 394).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de azul, un neno belo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Bel e Bela.

Palabras veciñas

Belmonte García, Juan | Belmopan | Belo | Belo | belo -la | Belo Horizonte | Beloi