benigno -na

benigno -na

(< lat benignu)

  1. adx

    Que ten ou que mostra boa disposición cara a outra persoa ou cara a algunha cousa.

    Ex: O xuíz ditou unha sentenza benigna.

    Sinónimos: benevolente.
  2. adx
    1. Non rigoroso ou severo. OBS: Xeralmente vai acompañado da preposión con.

      Ex: As nais adoitan ser benignas cos seus fillos.

    2. [CLIMAT]

      Aplicado ao clima ou ás temperaturas, de acción suave, moderada ou saudable.

      Ex: Esta excesiva calor ten unha acción benigna para as colleitas.

    3. [PAT]

      Aplicado a unha doenza, un tumor, etc, que non é grave ou maligno.

      Ex: Quitáronlle un pequeno vulto que tiña nun peito e ó analizalo souberon que era benigno.