benigno -na
benigno -na
(< lat benignu)
-
adx
Que ten ou que mostra boa disposición cara a outra persoa ou cara a algunha cousa.
Ex: O xuíz ditou unha sentenza benigna.
Sinónimos: benevolente. -
adx
-
Non rigoroso ou severo. OBS: Xeralmente vai acompañado da preposión con.
Ex: As nais adoitan ser benignas cos seus fillos.
-
[CLIMAT]
Aplicado ao clima ou ás temperaturas, de acción suave, moderada ou saudable.
Ex: Esta excesiva calor ten unha acción benigna para as colleitas.
-
[PAT]
Aplicado a unha doenza, un tumor, etc, que non é grave ou maligno.
Ex: Quitáronlle un pequeno vulto que tiña nun peito e ó analizalo souberon que era benigno.
-