Benigno/Benigna
Benigno/Benigna
[ONOM]
Antropónimo procedente do latín Benignus e este de benigenus, composto por benus (forma antiga de ‘bo’) e genus (forma derivada de gen ‘xerar, producir’); xa que logo, ‘benévolo, amigable, bo’. Este era un nome de familia habitual na antiga Roma. San Benigno de Dijon (s II?) foi o lendario apóstolo da Borgoña francesa e patrón da cidade de Dijon, onde sufriu martirio. A forma hipocorística deste nome é Beni.